Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Retirada de barreira do río Alvedosa

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
20-12-2019
0
Retirada de barreira do río Alvedosa

Tras as chuvias torrenciais acontecidas o pasado 18 de Decembro, a Concellaría de Medio ambiente do Concello de Redondela, viuse obrigada a retirar a barreira situada sobre o río Alvedosa.

O pasado Mércores 18 de decembro, co paso da borrasca Elsa, Redondela sufriu uns índices de pluviosidade altísimos, ademais de rachas de vento de 150 Km/hora. Todo isto fixo que o río Alvedosa, estación final das recollidas de pluviais das parroquias aumentara o seu caudal e, ademais, a súa velocidade. Coma consecuencia desta situación, os soportes da barreira colocada sobre o río deu en romper por un lateral. 

Esta mesma mañá a Concellaría de medio ambiente retirou a barreira e mais os soportes. A idea é arranxala e rediseñala cun novo dispositivo que permita o levantamento da barreira nos momentos en que o caudal do río creza dun xeito acelerado.

No momento en que a barreira estea arranxada, volverá a ser colocada sobre o río Alvedosa para continuar coa súa función: evitar que os plásticos cheguen á desembocadura do río e contaminen o mar.