Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis e a tradicional Feira de Reis

Concello de Redondela
05-01-2023
0
 Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis e a tradicional Feira de Reis

Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis e a tradicional Feira de Reis. O Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa, destina 3.000 euros para premios. As 5 agrupacións presentadas este ano comezarán o percorrido ás 10:30 horas na rúa Pai Crespo, continuando pola rúa Alfonso XII e rúa Ribeira. O Concello de Redondela celebra, o día 6 de xaneiro, o tradicional certame de Rondallas e Ranchos de Reis para o que destinan 3.000 euros de presuposto en premios. Ademais de ser un día de troula e celebraciíon, tamén coincide coa tradicional Feira de Reis que corresponde coa primeira feira do ano e que soe ser das máis concurridas. O ano pasado a elevada incidencia de casos Covid levou ao goberno local a suspender a cita. A concelleira de Cultura explicaba, Iria Vilaboa, que se trata dunha cita “que congrega moito público”, e malia celebrarse ao aire libre desde o Concello decidiron suspender esta actividade “para evitar aglomeracións”. Este ano volve o certame con total normalidade, algo que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, celebraba como “un paso importante para devolver a tradición e a alegría á vila, despois de dous anos de restricción pola pandemia”. Tamén quixo salientar “a importancia das formacións no día de reis, pois “contribúe a que veciñas e veciños poidan gozar do espírito destas datas”. As 5 agrupacións presentadas este ano son de distintos municipios da provincia e comezarán o percorrido ás 10:30 horas na rúa Pai Crespo, continuando pola rúa Alfonso XII e rúa Ribeira. Para poder optar aos premios é imprescindible que as Rondallas ou Ranchos de Reis  actúen como mínimo, unha vez, diante do Concello e interpreten 5 temas do seu repertorio. O Concello destina un orzamento de 3.000 euros para premios concedendo 500 euros a cada unha das formacións que se presenten ata o total do orzamento previsto. No caso de superar este, será repartido proporcionalmente entre as agrupacións participantes. Este ano presentaronse 5 agrupacións distintas