Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aberta a inscrición para un novo roteiro polos petroglifos de Penide/Mirallo en Ventosela

Concello de Redondela
23-11-2021
0
Aberta a inscrición para un novo roteiro polos petroglifos de Penide/Mirallo en Ventosela

O Concello de Redondela vén de abrir a inscrición para participar no terceiro roteiro guiado para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio e que se desenvolven os últimos domingos de cada mes.

Esta nova ruta terá lugar na noite do 27-28 de novembro en que se fará unha ruta nocturna polos petroglifos de Penide/Mirallo (Chan da Cruz e Coto do Corno) na parroquia de Ventosela.

A actividade, promovida pola concellería de Patrimonio que dirixe María Castro coa colaboración de A Citania arqueoloxía, é totalmente gratuíta pero e precisa inscrición previa no teléfono 600 381 782 ou na páxina de facebook

https://www.facebook.com/ACitaniaGalicia .

A intención do Concello de Redondela é continuar con iniciativas similares que permitan coñecer a riqueza do patrimonio cultural, artístico e natural que posúe o municipio e que, en moitas ocasións, pasa desapercibido