Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Ruta das Bibliotecas: visita guiada para nenos, por 50 anos de historia das Bibliotecas de Redondela

Concello de Redondela
12-09-2018
0
A Ruta das Bibliotecas: visita guiada para nenos, por 50 anos de historia das Bibliotecas de Redondela

O próximo 21 de setembro cúmprense 50 anos da inauguración da Biblioteca P. M. Valle-Inclán nos baixos da Casa Consistorial.

Para conmemorar a efeméride, as Bibliotecas Municipais de Redondela, organizan, este 21 de setembro, unha visita guiada por Redondela para nenos de 6 a 12 anos, con especial fincapé nos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días.

O percorrido, que comezará ás 18:00 h., estará conducido por Soledad Chayán e terá unha duración aproximada dunha hora.

A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas.

“A Ruta das Bibliotecas”, nome que designa á actividade, encádrase dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela


Máis info --> http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2018/09/visita-guiada-para-nenos-por-50-anos.html