Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Ruta guiada polo patrimonio natural e etnográfico de Chapela

Concello de Redondela
17-06-2021
0
Ruta guiada polo patrimonio natural e etnográfico de Chapela

A Concellería de Medio Ambiente lanza para o Domingo 27 de Xuño unha nova ruta guiada en Chapela desta vez para coñecer a fondo os recunchos naturais e etnográficos do río Fondón rematando nas marxes e leitos ocultos do río Pugariño.

Saída dende o pavillón de deportes de Chapela. A actividade ten unha duración aproximada de 6 horas cunha parada para descansar e xantar. A ruta ten sentido circular con paradas programadas para facela cómoda para o camiñante. Polo tanto anímate prepara a mochila e ven a descubrir os lugares que agochan as marxes e leitos destes ríos. Descubrindo muíños ocultos, camiños e sendas cheas de sombra do bosque de ribeira da Chapela máis descoñecida. A actividade estará dinamizada por Álvaro Diego guía local.

Actividade de balde prazas limitadas

Cada participante terá que traer o seu xantar, recomendase calzado e roupa axeitada para unha ruta por un entorno natural.

Información : turismo@redondela.gal

Teléfono: 986 40 17 13