Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Sanidade comunica ao Concello o fin do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do concello

Concello de Redondela
15-09-2021
0
Sanidade comunica ao Concello o fin do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do concello

A administración sanitaria sinala que os valores de enterococos intestinais e Escherichia coli, “non supoñen risco para a saúde dos bañistas”. A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade remitiu un informe ao concello de Redondela no que se da conta da “finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello”. A administración sanitaria sinala que nas análises microbiolóxicas das remostraxes de auga de baño recollidas o día 12/09/2021, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia do 14/09/2021.

Segundo os datos remitidos por Sanidade á o Concello, afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, estes dan conta que os niveis son aceptables xa que son inferiores a 800 NMP/100 ml de Escherichia coli e 500 NMP/100 ml de enterococos intestinais, “polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.

Asi mesmo, engade o concelleiro de Medio Ambiente, “e segundo a lexislación vixente no relativo á xestión da calidade das augas de baño, Sanidade autoriza ao concello á retirada dos carteis de prohibición de baño un recomendación de absterse deste”.