Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio ambiente oferta unha segunda saída polas contornas dos ríos Pugariño e Maceiras

Concello de Redondela
08-06-2021
0
Medio ambiente oferta unha segunda saída polas contornas  dos ríos Pugariño e Maceiras

Despois da boa acollida que tivo a ruta guiada A Chapela Esquecida o pasado 5 de xuño no día mundial do medio ambiente. A concellería lanza unha segunda saída polo entorno natural e patrimonial de Chapela. O día 12 de Xuño os participantes poderán gozar de lugares practicamente descoñecidos na parroquia.

A Chapela esquecida.

Ruta guiada polos muíños e entorno dos ríos Pugariño e Maceira.

Saída dende o centro de saúde de Chapela, esta actividade dará a posibilidade o participante de descubrir os lugares que agochan as marxes e leitos destes ríos. Descubrindo muíños ocultos, lavadoiros, camiños e sendas da Chapela máis descoñecida. A actividade estará dinamizada por Álvaro Diego guía local.

Actividade de balde prazas limitadas

Información : turismo@redondela.gal

Teléfono: 986 40 17 13