Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Socias de Honra 2022 nas Bibliotecas Municipais de Redondela

Concello de Redondela
01-04-2022
0
Socias de Honra 2022 nas Bibliotecas Municipais de Redondela

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra este sábado 2 de abril, as Bibliotecas Municipais de Redondela premian, como cada ano, aos lectores/as, menores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.
Os/as premiados/as son nomeados/as Socios/as de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, teñen a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio.


As galardoadas deste ano son

Na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela : Carmela Santos, de 9 anos

Na Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela): Celia Santamariña, de 11 anos


Desde 1967, o 2 de abril, día do natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.