Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Subvencións de Participación Cidadá para gastos correntes dos Centros culturais parroquiais

Concellaría de Participación Cidadá. Concello de Redondela
20-08-2020
0
Subvencións de Participación Cidadá para gastos correntes dos Centros culturais parroquiais

O 12 de agosto de 2020 publicouse no BOP o Extracto das Subvencións de Participación Cidadá para gastos correntes dos Centros Culturais Parroquiais do Concello de Redondela.

Redondela, 12 de agosto de 2020.

O día 12 de agosto de 2020 foi publicado o extracto das Subvencións de Participación Cidadá para gastos correntes dos Centros Culturais Parroquiais do Concello de Redondela correspondentes ao ano 2020, sendo o prazo de solicitude dun mes a contar dende o día seguinte da súa publicación, é dicir, dende o 13 de agosto de 2020 ata o 13 de setembro de 2020 (ambos incluídos).

O obxectivo da Subvención é contribuír ao mantemento dos gastos correntes correspondentes ao 2020 dos Centros Culturais Parroquiais como o seguro de dano e responsabilidade civil do edificio, pago da renda de aluguer, gastos de diversas subministros e/ou enerxías necesarias para o funcionamento do centro. Tamén se subvencionan os gastos derivados do Covid-19 en atención ás medidas de limpeza e desinfección do mobiliario e local.

As bases das subvencións foron publicadas no BOP de Pontevedra o 5 de agosto de 2020, e como novidade establécense diversos criterios na súa concesión cos que se pretende que os Centros Culturais das Parroquias de Redondela sexan un lugar de participación tanto para a veciñanza como para as asociacións e/ou entidades da parroquia e que os seus órganos de goberno sexan paritarios.

Sendo conscientes da situación excepcional motivada polo Covid-19 que afectou gravemente os Centros Culturais Parroquias que se viron obrigados a pechar, dende a Concellería de Participación Cidadá se aposta polo seu mantemento e/ou apertura sendo moi necesario o apoio do goberno local para que estes poidan facer fronte aos seus gastos correntes para a súa apertura e funcionamento diario.

Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda poden consultar a páxina web do Concello de Redondela (www.redondela.gal) onde están publicadas as bases e convocatorias, ou poden dirixirse á Concellería Participación Cidadá (participacioncidada@redondela.gal).

 

Contacto:

Concelleira de Participación Cidadá, Transparencia e Novas Tecnoloxías

Susana Couñago

Teléfono: 604 074 741

 

Ir a anexos para solicitar subvención