Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Suspendida a apertura especial de nadal domingo 22 de decembro

Asociación de Empresarios de Redondela
20-12-2019
0
Suspendida a apertura especial de nadal domingo 22 de decembro

A apertura especial de nadal este domingo 22 de decembro, suspéndese, por causa meteorolóxicas, as actividades de rúa previstas, non obstante o comercio da vila estará aberto para facilitar as compras de Nadal.

DECORACIÓN ESPECIAL DE NADAL: unha gran manada de Renos chega a Redondela. 

A Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela xunto a todos os centro educativos do Concello colaboraron nesta singular iniciativa de decoración e ambientación de Nadal.

19 renos foron decorados polos centros escolares seguindo distintos estilos pictóricos e expresións artísticas que serviron de inspiración e agora tomarán as prazas de rúas de Redondela. Convidamos a todos a fotografarse con estes simpáticos animaliños e subir as fotos as redes sociais. 

BOLSAS DE NADAL: un comercio local máis sustentable.

O concello de Redondela colabora coa campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Redondela a través do convenio de colaboración para a distribución de bolsas entre o comercio da localidade. Esta actividade supón unha contribución á mellora do medio ambiente en tanto as bolsas están realizadas en papel reciclado e a impresión foi realizada con tintas de base acuosa inocuos para o medio ambiente. Todo isto supón tamén unha clara axuda de cara o cumprimento do establecido no Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico.

As bolsas teñen impreso o logo do Nadal creado pola Asociación de Empresarios de Redondela que está presente en todo o material gráfico da campaña.

PAPÁ NOEL NA PRAZA DE ABASTOS: visita de Papá Noel a Paza de Abastos de Redondela o sábado 21 de 11:00-13:00h.

 A Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela este Nadal puxeron en marcha distintas actividades na praza de abastos de Redondela como a decoración e ambientación de Nadal. Un pequeno espazo comercial es desuso foi ambientado para recibir a visita de Papá Noel este Nadal. Espérase a súa visita maña sábado 21 de decembro a partir das 11:00h.