Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Suspendida a tirada de bombas de palenque nas festas da Coca

Concello de Redondela
30-05-2018
0
Suspendida a tirada de bombas de palenque nas festas da Coca

O Concello de Redondela fixo esta maña o anuncio de que  suspende a tirada de bombas de palenque programada para o mércores ás 12:00 da mañán, dentro do programa das Festas da Coca.

Este xesto faise en solidariedade coas víctimas da explosión que tivo lugar o pasado día 23 no veciño Concello de Tui, causado polo almacenamento ilegal de materiais de pirotecnia.

O resto das actividades programadas para as Festas da Coca manteranse con normalidade.