Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Suspensión do pleno do 27 de Abril de 2020

Concello de Redondela
28-04-2020
0
Suspensión do pleno do 27 de Abril de 2020

Para día do 27 de abril ás 12:00 horas estaba convocada a celebración dun pleno extraordinario, pero non se puido celebrar ao non poder gravarse a sesión coas garantías legais.

Indicar que o Concello utiliza unha plataforma electrónica para a xestión de todos os seus expedientes administrativos, a través da cal se poden realizar reunións virtuais para levar a cabo as sesións de órganos colexiados e as gravacións certificadas cos requisitos necesarios para que sexan válidas legalmente.

Indicar que por parte do persoal e Concelleiros/as recibiuse a formación necesaria para poder realizar as reunións virtuais, e tamén realizáronse diversas probas.

A suspensión do pleno extraordinario convocado para o día 27 de abril foi debida a unha incidencia da plataforma utilizada polo Concello,que non permitía a gravación da sesión plenaria, e deste modo, non se xeraba a gravación certificada, o que motivou que se tivese que convocar unha nova sesión para o mércores día 29 de abril ás 10:00 horas.

 

DILIXENCIA PLENO NON CELEBRADO