Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello convida á veciñanza a gozar dos beneficios da práctica do taichi nunha actividade libre e de balde

Concello de Redondela
08-07-2021
0
O Concello convida á veciñanza a gozar dos beneficios da práctica do taichi nunha actividade libre e de balde

As clases, para as que non se precisa inscrición previa, desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en Chapela e Redondela. Durante os meses de xullo e agosto, veciñas e veciños terán a oportunidade practicar o taichi e gozar dos beneficios desta práctica milenaria que está demostrado que ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente.

A actividade desenvolverase durante os dous meses de verán en Chapela, nas inmediacións da igrexa, os lunes e mércores e na Alameda Castelao de Redondela, os martes e xoves. En ámbolos dous casos, o horario será de 9:30 h a 10:30 horas.

As clases de taichí –que teñen carácter totalmente gratuíto– están abertas a todas as persoas que desexen participar polo que non será precisa inscrición previa. Basta presentarse os días das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinés. Durante a actividade será obrigatoria a máscara de protección a pesares de ser ao aire libre e con distancia de seguridade entre as e os participantes.

Algunhas razóns polas que practicar taichi

Está comprobado que a práctica do taichi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a osixenación cerebral e a memoria e mellora notablemente os niveis de hipertensión arterial.