Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

TARDES DE OUTONO. Contos en familia

Concello de Redondela
08-11-2023
0
TARDES DE OUTONO. Contos en familia

Ciclo de contacontos para nen@s promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela.

  • O xoves 9 de novembro: "A grandeza do pequeno", con Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos.
  • O xoves 16 de novembro,: Raquel Queizás cunha nova historia da súa personaxe, "A Viaxe de Nano", para nenas e nenos de 1 a 3 anos.
  • O xoves 23 de novembro: "Pes de Lobo" con Anxo Moure, dirixido a público a partir de 4 anos.
  • O xoves 30 de novembro : "A nena e os Tres Osos" con Bea Campos, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.


Este programa é DE BALDE e é necesaria a INSCRICIÓN PREVIA desde o venres anterior a cada actuación, a través do CORREO ELECTRÓNICO: info@tallerabierto.gal ou no WHATSAPP 617340323.

Nesta ligazón todos os detalles do programa https://bibliotecas.redondela.gal/tardes-de-outono.../ 

ORGANIZA: Fundación Filomena Rivero Alonso

Colabora: Concello de Redondela e Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela.