Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

VI Ciclo de Teatro Afeccionado

Concello de Redondela
21-01-2018
0
VI Ciclo de Teatro Afeccionado

A Concellería de Cultura de Redondela, un ano máis e da man da Asociación Cultural e Social de Chapela, pon en marcha o VI Ciclo de Teatro Afeccionado de Chapela. Este ciclo, que cada mes de xaneiro convértese na cita obrigada dos amantes desta arte escénica, é xa o sexto que se organiza na parroquia de Chapela, completando así a oferta cultural que Redondela ofrece para este primeiro trimestre de 2018, con actividades fóra do núcleo de Redondela, que achegan as propostas culturais ás parroquias de Redondela.

O teatro afeccionado é seguido cada día por máis público, e ten o aliciente da proximidade de actores e actrices e persoal de escena, xa que é un teatro que nace de asociacións e centros culturais como unha expresión de dinamismo e creatividade de moitos e moitas veciñas.

En concreto, o Ciclo de Teatro Afeccionado de Chapela, que se consolida xa con esta sexta edición, programa catro funcións: os sábados días 13, 20 e 27 de xaneiro e o sábado 3 de febreiro. As funcións represéntanse no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela, todas a partir das 20 horas, con capacidade limitada.

Neste ciclo poderemos gozar das seguintes obras: “Se hai que bailar, bailamos” dirixida por Javier Carreiro; “Abre a porta”, dirixida por Manuel Solla; “A fermosa Dorotea”, dirixida por Salvador Álvarez; e, por último, “ Oito”, dirixida por Chusa Couñago. Neste ciclo poderemos contar coa presenza de agrupacións de teatro afeccionado de varios concellos, como adoita ser habitual, e concretamente actuarán por esta orde o grupo A CIVIDADE, de Mos; o grupo LÚA CHEA, de Poio; o grupo FONTE DA TELLA, de Soutomaior; e pechan o ciclo os de casa, Grupo MISTURARTE TEATRO de Chapela.

As entradas son de balde e poderanse retirar unha hora antes de cada función até completar a capacidade do auditorio.

Arquivo adxunto:Cartel