Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Teatro: "O señorito da Reboraina" de Otero Pedrayo

Concello de Redondela
21-05-2018
0
Teatro: "O señorito da Reboraina" de Otero Pedrayo

 

O señorito da Reboraina é a única novela en galego que publicou Ramón Otero Pedrayo na posguerra. O seu protagonista é Xoán Manuel Pereira, veciño de Reboreda onde aínda se mantén o pazo no que naceu e viviu.

A intensa e apaixonada vida do “Señorito” explícase pola súa militancia progresista nun período de revolucións. Ocupou distintos cargos políticos (deputado en Cortes, senador e presidente da Deputación de Pontevedra), pasou pola cadea na Illa de Santo Antón da Coruña (acusado de conspiración republicana) e chegou a ser embaixador na China.

Esta última experiencia levouno a publicar Los países del Extremo Oriente, obra que acaba de ser reeditada en edición de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Esta adaptación dramática débese ó alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD) en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

A estrea celebrarase o día 25 de maio. Pola mañá haberá unha sesión para o alumnado das escolas públicas de Redondela. Pola tarde, ás 20h, será a sesión para público xeral.

A entrada é de balde.