Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Toma de posesión de Alberto Álvarez Pérez coma novo concelleiro do grupo de goberno de Redondela

Concello de Redondela
01-09-2020
0
Toma de posesión de Alberto Álvarez Pérez coma novo concelleiro do grupo de goberno de Redondela

Álvarez, que xa fora concelleiro do grupo municipal socialista dende marzo de 2019 ata as pasadas eleccións, asumirá as competencias de Persoal, Limpeza viaria e Parques e Xardíns

Alberto Álvarez Pérez é, dende onte xoves, novo concelleiro do grupo de goberno do Concello de Redondela logo de tomar posesión da súa acta no Pleno Ordinario da Corporación Municipal.

Residente en Rande, na parroquia de Cedeira e técnico especialista en automoción, sector no que desenvolve a súa vida laboral, Alberto Álvarez, asumirá as responsabilidades de Persoal, Limpeza viaria e Parques e Xardíns.

Non é a primeira vez que Alberto Álvarez é concelleiro do Concello redondelán, aínda que nunca o fixera no grupo de goberno. En marzo de 2019, tomaba posesión da súa acta de concelleiro para entrar a formar parte do grupo municipal socialista, ocupando a vacante que, por motivos laborais, deixaba Mauro Álvarez Castro.

A alcaldesa Digna Rivas, ao igual que os seus compañeiros e compañeiras, non dubida en cualificalo como unha persoa “traballadora, responsable e comprometida coa labor de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.