Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela representa a Galicia no torneo internacional de veteranas de balonmán en Sevilla

Concello de Redondela
24-02-2023
0
Redondela representa a Galicia no torneo internacional de veteranas de balonmán en Sevilla

O equipo coñecido como As Sarillas sea hoxe cara Sevilla para enfrentarse a equipos de toda España e Europa no Torneo Internacional Balonmano Femenino Masters de Sevilla. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de desearlels “sorte” ao equipo de veteranas do club SAR de Redondela coñecido como As Sarillas. Do 24 ao 26 de febreiro estarán en Sevilla para competir polo trofeo Torneo Internacional Balonmano Femenino Masters de Sevilla, organizado polo C.D. Agrupación Sevillana Amigas del Balonmano e a Delegación de deportes da Comunidade Autónoma de Sevilla.

Durante tres días enfrontaranse a equipos de Cataluña, Asturias, País Vasco Almería, Sevilla, Valladolid, Granada e Málaga, así como outros internacionais entre os que se atopan Portugal, Budapest ou Alemaña.

O primeiro partido é o venres ás 20:00h contra o OAR Gracia de Sabadell. Digna Rivas quixo, acompañada do Concelleiro de Deportes, desexarlles sorte “nun torneo internacional no que Redondela vai a representar con orgullo a Galicia por primeira vez na historia” e felicita “o esforzo e traballo que fan as xogadoras veteranas para manterse activas e compaginar o deporte coa súa vida privada”.

Como agasallo o Concello de Redondela ofreceulles camisetas co escudo redondelán, bolsas e unha “Coca” de Sargadelos para obsequiar aos anfitrións do trofeo “e que Redondela quede inmortalizada nas vitrinas de Sevilla ao lado de outras moitas comunidades e países”, conclúe Rivas.