Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O venres comezaron os traballos da brigada de mantemento dos traballos de roza nas parroquias

Concello de Redondela
22-11-2021
0
O venres comezaron os traballos da brigada de mantemento dos traballos de roza nas parroquias

Aos lotes que habitualmente de contratan para os traballos de rozado nas parroquias, engadiuse este ano este quinto de reforzo e mantemento. O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, comezou este pasado venres os traballos de reforzo e mantemento das labores de rozado e limpeza desenvolvida, dende o mes de xullo, polas brigadas contratadas polo concello para esta labor.

Nunha clara aposta do Goberno local pola limpeza das vías e camiños municipais no rural, este ano e como novidade, engadíanse aos lotes encargados dos traballos de roza un quinto lote “de reforzo e mantemento para actuar naqueles puntos, nos que por diferentes razóns, sexa preciso realizar unha nova roza ou limpeza”, explica Vicente Lamas.

Este equipo de reforzo, que comezaba a traballar o venres en Ventosela para percorrer logo as diferentes parroquias e actuar onde sexa preciso, era unha necesidade evidente “nun municipio da extensión que ten Redondela que se traduce en moitos quilómetros de estradas e camiños municipais”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

A posta en marcha deste novo sistema de catro lotes para a roza e un para o mantemento posterior, “permite alongar o estado de limpeza das vías municipais durante moito máis tempo”.

As novidades deste ano para os traballos de roza e limpeza, non quedaron cinguidos á contratación deste lote de reforzo e mantemento, senón que por primeira vez, traballos de roza non foron contratados a empresas externas, como se viña facendo por parte do anterior Goberno, senón que, tal e como explica a alcaldesa redondelá “por primeira vez, foron 11 persoas en situación de desemprego e contratadas a través do Plan Concellos, os que realizaron estes traballos que habitualmente eran encargados a unha empresa”.

Cumpríase polo tanto, por parte do Goberno local, o dobre obxectivo de, por unha banda, manter os camiños e estradas de competencia municipal nun bo estado de limpeza e, ao mesmo tempo, contribuír a aliviar a situación de persoas desempregadas do municipio coa súa contratación para estes traballos.