Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A alcaldesa esixe mais información á Xunta en referencia ao transporte interurbano

Concello de Redondela
22-02-2020
0
A alcaldesa esixe mais información á Xunta en referencia ao transporte interurbano

O Concello entérase polo usuarios de que a empresa Vitrasa deixa de prestar servizo da liña 28 a partir do vindeiro luns 24 de febreiro.

A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lamenta ter que enterarse polos veciños e veciñas de Redondela, usuarios do servizo de transporte interurbano, do cambio de servizo na liña 28 que na actualidade está sendo explotada por Vitrasa.

O pasado venres os usuarios e as usuarias da liña 28 de Vitrasa sorprendíanse ao ser informados no propio autobús de que o servizo por parte da súa empresa ía ser interrompido a partir do próximo luns, sendo unha nova empresa adxudicataria, Autos González, a nova prestadora do servizo a partir desa data.

A Alcaldesa considera que a Xunta de Galicia, falta novamente ao respeto da veciñanza de Redondela, ao non ter informado coa suficiente antelación a variación que se ían a producir nas liñas afectadas, cambio de servizo que supón un gran perxuizo para estes usuarios e usuarias que a diario toman estas liñas para desprazarse aos seus centros de traballo ou ensinaza.

Ante esta situación, a Alcaldesa e o equipo de Goberno, queren transmitir unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía. Dende a Alcaldía xa se ten solicitado ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia unha reunión de urxencia para aclarar os términos  de este servizo, información que se transmitirá aos veciños e veciñas das parroquias afectadas.

O Concello de Redondela xa presentara unha serie de alegacións ao anteproxecto, como a creación de novas rutas de conexión entre Vigo-Redondela-Pontevedra sen paradas intermedias co fin de obter unha comunicación directa e rápida entre os 3 municipios, aumentar as expedicións proposta na fin de semana, e mellorar os casos de paradas existentes con déficit como pode ser o caso de paradas en Alto e o Colexio de Censantes, Soutoxuste, O Pereiro ou Cedeira.

Outra das reclamacións que xa se fixeran constar nesas alegacións foran as carencias deste anteproxecto en canto a  falta de información mínima nas paradas e a bordo dos vehículos, ou aspectos medioambienteis como a tipoloxía dos vehículos.

Todas estas alegacións foron denegadas pola Xunta de Galicia, comunicadas mediante escrito dirixido ao Concello o pasado mes de xaneiro de 2020.