Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Tren de Nadal para os cativos e cativas en Chapela

Concello de Redondela
26-12-2022
0
Tren de Nadal para os cativos e cativas en Chapela

As atraccións de nadal chegan a Chapela coa inauguración dun tren para os máis cativos

 Na Alameda de Rosalia de Castro xa está instalado o Tren de Nadal. Un parque de atraccións que se inaugura hoxe ás 18 horas da tarde e está formado por un ferrocarril infantil que percorrerá a alameda ofrecendo viaxes por turno aos máis cativos e cativas.

A instalación deste xogo ten un dobre significado, por un lado achega á parroquia de Chapela as atraccións previstas no programa de Nadal e ademais, a través do tren rememoranse os tempos no que a Alameda de Rosalía de Castro era unha parada da línea ferroviaria.

“Moitos veciños e veciñas continúan chamando á zona ‘Cocheras’, pola importancia que tivo a estación de tren en Chapela. Agora os nenos e nenas poderán revivir os tempos nos que o tren era algo habitual”, explica a alcaldesa, Digna Rivas.

A atracción abrirá as súas portas hoxe, venres 23. Unha proposta orientada ao público familiar que funcionará en horario de mañá e tarde (11:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 20:30) ata o domingo 8 de xaneiro. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non estará operativa.