Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O tribunal de Galicia pronunciase a favor do Concello de Redondela no recurso interposto polo alumeado de Nadal

Concello de Redondela
21-12-2022
0
 O tribunal de Galicia pronunciase a favor do Concello de Redondela no recurso interposto polo alumeado de Nadal

O tribunal de Galicia pronunciase a favor do concello de Redondela no recurso interposto polo alumeado de Nadal.A política de descalificación do PP e do ‘todo vale’ case arruinan o nadal aos veciños e veciñas de Redondela ao mentir sobre o proceso de contratación do alumeado e ameazar nos medios de comunicaicón da súa posible suspensión.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” o intento do PP de desprestixiar ao goberno local facendo alegacións falsas sobre a contratación do alumeado de nadal. Por unha banda intentaron boicotear o día do acendido mentindo nas redes sociais e nos medios ao dicir que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia ordenou a suspensión do alumeado de nadal; por outra banda xustificaron estas afirmacións con información manipulada que difundiron de forma ilegal e sen contexto.

A rexedora explica que “as luces de nadal nunca perigaron e o secretario do concello sempre tivo a certeza da correcta licitación”. De non terse feito a instalación nos días establecidos, podería existir a posibilidade de non executarse o contrato, e polo tanto de que se producira unha situación na que quedaran sen colocar as luces de nadal producindo un prexuízo de difícil reparación, xa que neste lote so existía un adxudicatario posto que a empresa recorrente foi excluída do procedemento por incorrer nun dos supostos de prohibición de contratar contemplados no artigo 71 da LCSP por ter débedas coa seguridade social.

Durante a Mesa de Contratación do 24 de outubro, na que estaba presente representación do partido popular, deuse trámite o recurso presentado polo adxudicatario, no que se falou da execución do contrato, sendo este excluído por incumprir o artigo 71 da LCSP 9/2017 que recolle a imposibilidade de contratar a entidades con débedas coa seguridade social. Motivo polo cal quedaba excluído de forma inmediata e as luces foron adxudicadas a outra empresa que sí cumpría os requisitos legais.

En canto a execución do contrato, sen a ter asinado o mesmo, tanto o informe dos técnicos municipais así como o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, refiren que: “De non ter feito a instalación nestes días, podería existir a posibilidade que non executaran o contrato, e polo tanto que se producira unha situación na que quedara sen colocar as luces de Nadal producindo un prexuízo de difícil reparación, xa que neste lote so existía un adxudicatario posto que o empresa recorrente foi excluída do procedemento por incurrir nun dos supostos de prohibición de contratar contemplados no artigo 71 da LCSP por ter débedas coa seguridade social. “ e “Non debe esquecerse tampouco que nos atopamos ante unha licitación pública, onde debe seguirse un procedemento pautado legalmente, para a satisfacción dunha necesidade pública que, en ocasións o seu momento temporal é importante, como ocorre no presente asunto”, conclúe o Tribunal Administrativo.

O día 2 de decembro o PP tivo acceso ao expediente. Os días 8 e 10 de decembro produciuse a difusión na rede social ‘Facebook’ dun extracto da resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia acerca da medida cautelar consistente na suspensión da contratación da subministración da iluminación de nadal. “Un extracto dun expediente moito máis longo no que a medida cautelar non ten peso para a contratación final, xa que a licitación seguiu o seu curso normal e o Tribunal de Contratación na súa resolución deu a razón ao concello”, explica Rivas.

Neste caso, esta resolución non é de acceso público, senón dirixida ao órgano de contratación do concello, e o acceso ao expediente non conleva o dereito de difusión, producíndose un uso ilexítimo do mesmo polo grupo municipal PP ao difundilo na súa conta de Facebook ‘Populares de Redondela’ e dándolle traslado a tódolos medios de comunicación desa resolución.

A alcaldesa quere reiterar que “o Partido Popular é moi consciente disto,  polo que consideramos as súas accións foron premeditadas e con aleivosía, tratando de desprestixiar o bo funcionamento do concello e a súa máxima responsable. Non se cometeu ningunha ilegalidade, o PP está constantemente usando a mentira para o seu rédito político ”.

“No seu intento de boicotear ao goberno socialista, o PP, rematou danando á veciñanza a través de enganos que afectaron á ilusión de moitas persoas. Fixeron crer á xente que as luces de nadal non se poderían acender, algo que non ten perdón”, explicaba Rivas.

En consecuencia, Digna Rivas asegura á veciñanza que “o Goberno utilizará todos os medios que ten para que este acto teña as súas consecuencias legais, facer xustiza e protexer da desinformación aos veciños e veciñas de Redondela”.