Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno local manterá unha xuntanza coa veciñanza de Redondela para dar conta do inicio das obras da Praza de Ponteareas

Concello de Redondela
07-09-2021
0
O Goberno local manterá unha xuntanza coa veciñanza de Redondela para dar conta do inicio das obras da Praza de Ponteareas

A reunión terá lugar o vindeiro mércores, 8 de setembro, ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira: Informar sobre a nova Praza de Ponteareas e o que esta obra significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, é un dos obxectivos que busca a reunión aberta que o Goberno local manterá coas veciñas e veciños o vindeiro mércores, 8 de setembro, ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira.

A alcaldesa Digna Rivas lembrou que o proxecto xa foi presentado no Concello hai máis dun ano, “agora queremos que a veciñanza estea informada puntualmente sobre a execución das obras que, dado o calado das mesmas, orixinará inconvenientes e molestias polas que pedimos a veciñanza a súa comprensión e paciencia”.

A rexedora local non dubidou en asegurar que a execución destas obras supoñen “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano” e nas que o asfalto “deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza e no que as e os peóns teñan prioridade sobre os vehículos”.