Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela recibe dous vehículos 4x4 do Fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia

Concellaría de Medio ambiente. Concello de Redondela
15-10-2020
0
O Concello de Redondela recibe dous vehículos 4x4 do Fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia

O Concello de Redondela adquire, do Fondo de Compensación Ambiental, dous vehículos 4x4 destinados a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural.

A Concellería de Medio Ambiente recibe dous vehículos destinados ás actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención e o control da biomasa.

A praia de Cesantes foi testemuña da entrega de chaves destes vehículos adquiridos co Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e equilibro territorial.

Os vehículos foron adxudicados en concurso público á empresa BAYGAR por un valor de 38.720€ investimento aportado nun 80% pola Xunta de Galicia e o Fondo de Compensación Medio Ambiental e no 20% que resta polo Concello de Redondela con fondos propios.

Estes vehículos lixeiros con tracción ás catro rodas permitirán ós/ás operarios/as municipais transitar por sendas estreitas para o control da biomasa e facilitar as limpezas medioambientais que se realizan nos diferentes espazos naturais do Concello. Polo que será habitual velos transitar polos camiños, sendas fluviais, forestais, zonas verdes e no entorno dos areais do municipio entre outro tipo de actividades que poidan ser precisas.