Novo "Venres cativo" organizado polo Departamento de Normalización Lingüística
Chega un novo "Venres Cativo". Desta volta mirámonos o venres 26 de abril no Multiúsos da Xunqueira.
Haberá dúas sesións: 17:30, para crianzas entre 0-4 anos; 18:30, para crianzas entre 5-10 anos.
Títeres Babaluva impartirá este obradoiro para promover a lectoescritura xogando e cantando, relacionando sons con garabatos. Esta proposta procura conectar nas nosas cativas e cativos co ritmo, a palabra e o debuxo.
Para os nenos e nenas de 4-10 anos o propósito consiste en ilustrar as letras das cancións ao ritmo da música. Canción e ilustración van xuntos pois mentres escoitas tamén tes que debuxar como expresión inmediata dos nosos sentidos.
Este obradoiro ten límite de prazas. Para inscribirse podedes enviar os datos da crianza e dos familiares que acompañen a normalizacion@redondela.gal ou chamando o 986400300
A actividade é de balde