Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Espectáculo sensorial para bebés: A ALFOMBRA MÁXICA

Concello de Redondela
17-04-2018
0
Espectáculo sensorial para bebés: A ALFOMBRA MÁXICA

"A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear...

Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

O espectáculo está pensado para crianzas entre 0 e 3 anos, e enmárcase dentro do proxecto municipal "Venres Cativos".

O vindeiro venres 27 en duas sesións, ás 17:00 e ás 18:30 horas, con inscrición previa no teléfono 986400300 (Departamento de Normalización Lingüística) ou no mail normalizacion@redondela.gal , ata o 26 de abril.

De balde.