Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Volven os venres cativos con Rosalía

Concello de Redondela
13-02-2019
0
Volven os venres cativos con Rosalía

O Servizo de Normalización Lingüística volve organizar os Venres Cativos, un programa incluído dentro do proxecto Apego. Trátase de actividades dirixidas á infancia para promover o uso da lingua galega.

A primeira actividade deste ano está dedicada a Rosalía de Castro. É un espectáculo que mestura obradoiro, contacontos e transmisión interxeracional.

Será o 22 de febreiro, en dúas sesións (17:30 e 18:45) no multiúsos de Chapela. Hai límite de prazas (50 por sesión) polo que cómpre a inscrición previa (normalizacion@redondela.gal).