Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comunicado acerca dos vertidos en Cesantes

Concello de Redondela
13-08-2019
0
Comunicado acerca dos vertidos en Cesantes

O Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Redondela, Roberto Villar, tras os acontecementos ocorridos a pasada fin de semana na praia de Cesantes, nos que se detectaron niveis de contaminación nas augas da mesma, remitiu o seguinte escrito á Xunta de Galicia:

Considerando a obriga que nos corresponde dende o Concello de Redondela respecto da calidade das augas de baño e a necesaria investigación das causas que provocaron a contaminación da praia de Cesantes, tal e como amosan as mostras tomadas o 07/08/2019, e vendo as analíticas dese mesmo día nas diferentes praias do noso litoral.

 

 

Esch/Coli

Esteroc/intest

AREALONGA - REDONDELA360452422MARITIMA6

07/08/2019

10

10

CESANTES CENTRO360452392MARITIMA6

07/08/2019

950

*830

RANDE 360452401MARITIMA6

07/08/2019

110

160

Despois de comprobar que non existe posibilidade dun vertido desde as redes de saneamento nin regato ou causa que poidera proceder das infraestructuras do litoral, consideramos oportuno que se inicie pola súa administración, en base as competencias das que nós carecemos, unha investigación, comprobación, das infraestructuras de saneamento da Illa de San Simón e o sistemas de depuración e vertidos correspondente.

Entendemos que esa pode ser unha posible orixe desta contaminación puntual, en base a ese carácter anómalo o longo destes anos,a unha localización tan determinada, e a unha actividade bastante intensa nas últimas datas que viñeron acompañadas das choivas recentes.

Para calquera colaboración estamos á súa enteira disposición. Indicar que seguiremos analizando a posible orixe deses vertidos en toda a zona aínda que a analíse do histórico de datos desa praia, sempre con boas analíticas, non nos fai pensar nun vertido desde terra.