Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Teatro infantil: A viaxe de Rosalía

Servizo de Normalización Lingüística
19-02-2018
0
Teatro infantil: A viaxe de Rosalía

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un novo acto dos “Venres Cativos”, incluído no proxecto Apego. Desta volta será o venres 23 de febreiro, ás 18h, no Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela), coa posta en escena d´A viaxe de Rosalía (recomendada a partir de 5 anos).

Trátase dun espectáculo de monicreques sobre Rosalía, onde da man da narradora e titiriteira Larraitz Urruzola e con maletas ateigadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra rosaliana e algúns dos intres da vida desta destacada intelectual galega.

Entrada de balde