Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela estará presente no VII Encontro Estatal de Consellos que se celebrará en Cáceres os días 4, 5 e 6 de novembro

Concello de Redondela
02-11-2022
0
Redondela estará presente no VII Encontro Estatal de Consellos que se celebrará en Cáceres os días 4, 5 e 6 de novembro

Tres representantes de Axentes do Cambio, Alma, Antia e Xia pasarán esta fin de semana acompañades de 60 grupos de todo o país para traballar ao redor de tamáticas tan relevantes como a Saúde Mental, o Cambio Climático, a Igualdade de Xénero, e outras cuestións que preocupan especialmente á infancia e á mocidade. Esta iniciativa levada a cabo grazas á labor de Unicef, dentro do seu programa de Cidades Amigas da Infancia, pretende servir de altofalante para que a xente nova poida intervir no deseño de políticas públicas dende o seu punto de vista.

Ao remate das xornadas nenas, nenos e adolescentes establecerán conclusións que se recollerán nun manifesto. Este documento ten o propósito de recopilar todas as propostas traballadas e que estas teñan un recorrido posterior ao encontro: Levalas de volta á localidade e presentalas ante os responsables políticos locais, compartilas coas compañeiras e compañeiros do grupo de participación, nos centros educativos e incluso presentala ante o Congreso dos Diputados.

Esperaremos ao seu regreso para que nos conten cómo lles foi a experiencia.

+ INFORMACIÓN SOBRE O ENCONTRO: https://ciudadesamigas.org/septimo-encuentro-consejos/