Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A VIII Feira de oportunidades chega a Redondela chea de novidades

Asociación de Empresarios de Redondela
24-09-2018
0
A VIII Feira de oportunidades chega a Redondela chea de novidades

As oportunidades seguiran tendo nesta Feira un papel protagonistas xa que todos os establecemento, especialmente moda e calzado, terán unha sección outlet, pero tamén se abre a calquera outro tipo de establecemento comercial ou de servizos que queira mostrar ou promocionar na feira os seus produtos ou servizos.

O cambio de emprazamento motivado polas obras da Alameda foi o desencadeante para renovar a Feira e dar un paso hacia un novo concepto.Os stands cambian totalmente a súa imaxe e dan paso a un espazo individualizado para cada establecemento concibe e organiza o espazo segundo as necesidades de cada produto e no que o cliente poderá interactuar de forma máis directa ao poder ter ao seu alcance todos os produtos.

A moda e complemento seguen a apostar de forma decidida por participar neste eventos máis do 60% dos establecementos participantes pertencen a este sector.

O número de participantes quedou condicionado polas limitacións de espazo polo que para vindeiras edicións se buscarán formulas que permitan non limitar a inscrición e que poidan participar todos os establecementos que o desexen.