Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro Roberto Villar trasladaron á conselleira Ethel Vázquez as necesidades de melloras nos viais de Redondela de titularidade autonómica

Concello de Redondela
17-11-2023
0
A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro Roberto Villar trasladaron á conselleira Ethel Vázquez as necesidades de melloras nos viais de Redondela de titularidade autonómica

A alcaldesa de Redondela comprometeuse a remitir á consellería de Infraestruturas unha memoria das actuacións de mellora que o Concello demandan na avda Mendiño e que recollerá tamén as demandas da veciñanza e formacións políticas. A realización da segunda fase da avda de Vigo de Chapela segue no aire xa que, malia ser anunciada pola conselleira Ethel Vázquez o pasado mes de maio, non existe ningún compromiso real por parte da Xunta de Galicia. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, reuníronse na tarde de onte en Santiago de Compostela coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. O obxectivo da xuntanza foi o de trasladarlle á conselleira as demandas do
municipio para a mellora de viais de titularidade autonómica.

Rivas e Villar lembráronlle o compromiso adquirido pola Xunta en 2019 para a humanización da avda Mendiño en Redondela e a segunda fase da avda de Vigo en Chapela, sen que ata o de agora se puxeran en marcha os traballos. A conselleira recibiunos en San Caetano para a xuntanza de traballo, que se limitou a un encontro de 15 minutos.

Rivas e Villar son “moderadamente optimistas” co resultado desta reunión. A alcaldesa comprometeuse a remitir á Consellería de Infraestruturas “unha memoria descriptiva das actuacións que é preciso realizar na avda Mendiño e que recollerá as demandas do Concello, veciñanza e formacións políticas”. Trátase dunha vía de gran importancia que conecta o centro da vila co porto de Cesantes e a praia, e na que que se atopan moitos servizos como o centro de saúde, colexios, institutos e instalacións deportivas, como lembran desde o goberno local. Roberto Villar valorou o interese mostrado por parte da conselleira namellora da avda Mendiño, “se ben xa nos advertiu que os investimentos estarán condicionados polos fondos europeos NextGeneration”.

En canto á realización da segunda fase da avda de Vigo, desde o Concello lamentan que non houbese “ningún avance nin compromiso por parte da consellería”. A rexedora redondelá lembra que “a señora Vázquez Mourelle anunciou o pasado mes de maio nunha visita non oficial a Chapela a segunda fase da humanización desta avenida, malia que polo de agora non existe ningún compromiso real”