Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Retómanse as visitas Culturais para maiores

Concello de Redondela
01-03-2023
0
 Retómanse as visitas Culturais para maiores

A Concellería de Persoas Maiores de Redondela pon en marcha as 'Visitas Culturais' que percorreran lugares de interese en Galicia. As persoas maiores poderán realizar viaxes dunha xornada de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial. O prazo de inscrición para a visita de marzo xa está aberto.

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa vén de anunciar a posta en marcha do programa 'Visitas Culturais' coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos, a posibilidade de gozar de excursións de un día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

As rutas, que terán periodicidade mensual, están abertas á participación de todas as veciñas e veciños maiores de 55 anos do termo municipal de Redondela. O prezo da actividade, apunta a alcaldesa Digna Rivas, “variará dependendo de factores como pode, por exemplo, ser as actividades ou o menú. Se ben serán accesibles a todos os petos e con prezo reducido”.

A primeira das saídas previstas será durante a primeira quincena de marzo a Costa da Morte, unha visita que permitirá coñecer lugares como Fisterra ou a Fervenza do Ézaro.

Para poder participar nesta actividade, as e os interesados deberán inscribirse no Concello de Redondela cubrindo un formulario, ademais segundo o nivel de participación o Concello “está aberto a ampliar datas”. As seguintes vistas serán en abril á Ribeira Sacra e en maio á O Grove. O prazo e inscrición para ditas excursións abrirase no seu mes correspondente.

Digna Rivas subliñou a importancia desta actividade “que contribúe a fomentar a interrelación entre as persoas participantes e, ao mesmo tempo, ábrelles a posibilidade de coñecer con máis detemento, outros lugares da nosa contorna”.