Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Visitas guiadas en maio de 2018

Concello de Redondela
09-05-2018
0
Visitas guiadas en maio de 2018

A concellería de turismo de Redondela ofrece de novo a posibilidade de coñecer a vila, desde diferentes aspectos e puntos de interese. A través de visitas guiadas, con persoal profesional, poderemos coñecer, admirar e entender diversos datos de Redondela: historia, cultura, arquitectura, natureza, industria e comercio.

Estas visitas retómanse, cada sábado e domingo, en horarios diferentes de mañá e tarde, para poder chegar a máis público. Cada fin de semana faranse percorridos alternativos, cun total de seis saídas diferentes, e cunha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos, de camiñada suave.

O punto de saída de referencia será na contorna da oficina de turismo, 15 minutos antes do comezo da partida. Estas saídas, ao ser en grupo reducido, permiten ir deténdose naqueles aspectos máis rechamantes ou que interesen máis ás persoas asistentes.

Estas saídas son de balde e non requiren de ningún equipamento especial.

Adiantamos o calendario das previstas para o mes de maio.

SÁBADO 12 19:30 h. A VILA DE REDONDELA
DOMINGO 13 19:30 h. CEMENTERIO DOS EIDOS
SÁBADO 19 19:30 h. A PORTELA
DOMINGO 20 19:30 h. REDONDELA MEDIEVAL
SÁBADO 26 19:30 h. REDONDELA MODERNA
DOMINGO 27 19:30 h.

 CEMENTERIO DOS EIDOS