Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Visitas guiadas en febreiro de 2018

Concello de Redondela
11-02-2018
0
Visitas guiadas en febreiro de 2018

A concellería de turismo de Redondela ofrece de novo a posibilidade de coñecer a vila, desde diferentes aspectos e puntos de interese. A través de visitas guiadas, con persoal profesional, poderemos coñecer, admirar e entender diversos datos de Redondela: historia, cultura, arquitectura, natureza, industria e comercio.

Estas visitas retómanse, cada sábado, en horarios diferentes de mañá e tarde, para poder chegar a máis público. Cada fin de semana faranse percorridos alternativos, cun total de seis saídas diferentes, e cunha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos, de camiñada suave.

O punto de saída de referencia será na contorna da oficina de turismo, 15 minutos antes do comezo da partida. Estas saídas, ao ser en grupo reducido, permiten ir deténdose naqueles aspectos máis rechamantes ou que interesen máis ás persoas asistentes.

Será necesaria unha inscrición previa para cada saída, que poderá facerse nun teléfono de contacto (667 401 909). Estas saídas son de balde e non requiren de ningún equipamento especial.

Adiantamos o calendario das previstas para a segunda metade do mes de febreiro.

SÁBADO 17

19:30 h.

CEMITERIO DOS EIDOS

DOMINGO 18

19:30 h.

A VILA DE REDONDELA

SÁBADO 24

21:00 h.

REDONDELA NOCTURNA

DOMINGO 25

19:30 h.

REDONDELA MEDIEVAL

Orixe:visitas_guiadas_febreiro2018visitas_guiadas_febreiro2018