Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela continúa co Programa de Visitas Culturais e de Lecer para as persoas maiores

Concello de Redondela
29-09-2023
0
O Concello de Redondela continúa co Programa de Visitas Culturais e de Lecer para as persoas maiores

Tralo éxito dos anteriores programas de visitas culturais para as persoas maiores, o Concello de Redondela pon en marcha unha nova edición, esta vez, a Ribadavia e Allariz. A partir deste luns dia 2 de outubro ,as persoas maiores de 55 anos, poderán inscribirse nas oficinas de Turismo (de 11:00 a 19:00h) para a excursión organizada para visitar Ribadavia e Allariz. Esta saída desenvolverase o venres 27 de outubro e luns 30 de outubro, dando a posibilidade de máis datas para dar cabida a todas as inscricións ( tendo prioridade as personas empadroadas en Redondela) sendo a data límite para anotarse o mercores 11 de outubro.

O prezo desta visita será de 19€ e como novidade, o pago poderá realizarse con tarxeta directamente nas oficinas de Turismo sitas na rúa Isidoro Queimaliños.

A concelleira de Persoas Maiores do Concello de Redondela, Pilar Martínez, retoma esta iniciativa tralo éxito das anteriores edicións nas que se chegaron a superar as 600 inscricións. Viaxes como a Ribeira Sacra gozaron do beneplácito das persoas maiores do noso municipio na que, a calidade do xantar e as incríbles panorámicas da contorna, animaron ás persoas participantes a seguir demandando máis saídas, abaladas polo reducido prezo xa que o transporte está financiado polo concello.

Tal e como mantén a rexidora local, Digna Rivas, “a intención é que as persoas maiores poidan socializar e facer actividades ao aire libre a un prezo adsequible para todos e todas, e coñecer lugares de interés cultural, histórico ou patrimonial.”.