Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Éxito da VI Travesía a nado San Simón, celebrada o pasado sábado en Cesantes

Concello de Redondela
26-08-2019
0
Éxito da VI Travesía a nado San Simón, celebrada o pasado sábado en Cesantes

O pasado sábado 24 de agosto ás 11 da mañá na praia da Punta de Cesantes celebrábase por fin a VI TRAVESÍA A NADO SAN SIMÓN, que quedara suspendida o pasado 11 de agosto pola aparición dunha contaminación puntual das augas. O percorrido foi de 1500 metros dende a salida da Punta e rodeando a Illa de San Simón.

A climatoloxía axudou a que fose unha proba moi lucida na que participaron 250 nadadores maiores de 14 anos, que era o número máximo de participantes que se ofertaba por parte da organización.

Parte dos fondos recadados foron donados á ONG redondelana "DA MAN".

As clasificacións quedaron do seguinte xeito:


Clasificación femenina:
1ª Lucia Cal Fernandez cun tempo de 22:39
2ª Ana Perez Garcia Pichel cun tempo 23:20
3ª Tamara Gomez Garrido 23:28

Clasificación masculina:
1º Javier Gomez Noya cun tempo 19:32
2º Victor Baneges Somo 19:41
3º Romaric Forques 19:47

Primeira e primeiro de Redondela:
Antia Collazo Ferradas no posto 20 da xeral e 1ª de Redondela cun tempo 24:58
Fabian Ubeira Vidal no posto 25 da xeral e 1º de Redondela cun tempo 26:22

 

DESCARGAR A CLASIFICACIÓN COMPLETA

Fotos do evento (proporcionadas pola Asociación CAR):

O PODIUM MASCULINO

 

O PODIUM FEMININO

A REDONDELANA ANTÍA COLLAZO

O REDONDELANO FABIÁN UBEIRA

ENTREGA DO CHEQUE, CON PARTE DA RECADACIÓN ECONÓMICA DA TRAVESÍA, Á PRESIDENTA DA ONG "DA MAN"