Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A praia de Arealonga de Chapela acollerá as xornadas de iniciación ao waterpolo 'Waterpolo no mar'

Concello de Redondela
09-05-2022
0
A praia de Arealonga de Chapela acollerá as xornadas de iniciación ao waterpolo

A praia de Arealonga en Chapela, acollerá entre os días 27 de xuño ao 3 de xullo, as xornadas de iniciación ao waterpolo Waterpolo no mar organizadas pola Escola de Waterpolo Vigo en colaboración coa Concellería de Deportes que xestiona Nacho González.

A actividade, que se realizará en horario de 12:30 h a 18 horas, está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 12 anos e busca fomentar a práctica deste deporte considerado polos expertos como idóneo para a infancia xa que axuda coa forza, a resistencia, a coordinación, o equilibrio e a velocidade.

Amais, explica a alcaldesa Digna Rivas, ao ser un deporte que se practica na auga “axuda a mellorar a circulación, a fortalecer a musculatura e a adquirir unha maior capacidade pulmonar”.

Patina na rúa

Doutra banda, o día 19 de xuño, organizado polo Club Patinaxe Artistico 'Bolboreta' de Redondela e coa colaboración da Concellería de Deportes, a Xunqueira acollerá a partir das 18 horas unha actividade que, baixo o nome de Patina na rúa, busca espertar nas nenas e nenos a afección pola patinaxe.