Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela pon en marcha un servizo específico de información e consultas relacionadas co COVID-19 para pemes, autónomos e persoas traballadoras.

Concello de Redondela
25-05-2020
0
O Concello de Redondela pon en marcha un servizo específico de información e consultas relacionadas co  COVID-19 para pemes, autónomos e persoas traballadoras.

O Concello de Redondela inaugurou o día 11 de maio un servizo específico de información e consultas relacionadas co COVID 19 para PEMES; autónomos e persoas traballadoras. Trátase dun servizo de atención personalizada que estará apoiado por expertos nos distintos ámbitos temáticos, e que abarcará consultas e axudas de carácter fiscal, laboral e económico. O servizo estará dispoñible a través do teléfono 986 402 664, email e un formulario web accesible desde a páxina web do Concello, na dirección

http://coronavirus.redondela.gal/

A páxina web municipal conta cunha sección específica COVID-19 http://coronavirus.redondela.gal/, na que se recolle información para PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Nela habilitouse un apartado de “consultas frecuentes” no que se irán rexistrando as preguntas recibidas no servizo de asesoramento e as respostas que poidan resultar de interese para outras entidades con problemáticas similares. Ademais, hai un apartado específico no que se relacionan as medidas postas en marcha, tanto polo goberno central, como polo goberno autonómico e o goberno local, para paliar os efectos de actual crise sanitaria e económica no tecido empresarial local. A sección web COVID-19 ten tamén un apartado de guías e recursos de interese na que se pode atopar información sobre os requisitos de obrigado cumprimento durante o proceso de desescalada.

Tanto a sección web COVID-19 como o servizo de consultas específico para PEMES; autónomos e persoas traballadoras forman parte do plan de reactivación local, no que o Concello de Redondela está actualmente traballando e que incluirá un conxunto de medidas de contención dos efectos da crise económica no municipio.