Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Xoguetes en igualdade

Concello de Redondela
05-01-2023
0
Xoguetes en igualdade

Ningún neno ou nena de Redondela quedará sen agasallo este nadal. Por terceiro ano, o Concello de Redondela comprará xoguetes para os nenos e nenas das familias usuarias de Servizos Sociais. O Concello de Redondela presenta por terceiro ano consecutivo a campaña ‘Redondela xoga en igualdade’, iniciativa pola que o Concello mercará xoguetes para, posteriormente, ser distribuídos entre as familias usuarias dos Servizos Sociais municipais. “Estamos a falar de solidariedade e non de caridade. O Nadal ten que ser para todos os nenos e nenas por igual, se non non sería Nadal”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. A rexedora redondelana agradeceu a colaboración das xogueterías locais porque, “cando se lles presentou a idea, non dubidaron nin un só instante en sumarse á mesma para tentar que a situación económica dás familias non repercuta na ilusión coa que vos máis pequenos viven estas datas”, destacou Digna Rivas. Do mesmo xeito que os anos anteriores, á hora de adquirir os xoguetes procurarase que estes sexan “igualitarios e non sexistas”, porque o goberno local entende que “a través do xogo pódese inculcar valores como a igualdade, imprescindible no camiño cara unha sociedade máis xusta”. Así, coa campaña “Redondela xoga en igualdade” cúmprense tres claros obxectivos: que ningún neno quede sen xoguetes en Nadal, fomentar a igualdade e apoiar e dinamizar o comercio local. “Ademáis, cúmprese o principio de transversalidade que, en mate-ria de igualdade, busca o Goberno local en todas e cada unha das súas actuación como ferramenta de concienciación social”, conclúe Rivas.