Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela organiza unhas xornadas dedicadas a Casto Sampedro

Concello de Redondela
26-04-2019
0
O Concello de Redondela organiza unhas  xornadas dedicadas a Casto Sampedro

O Concello de Redondela e o Concello de Pontevedra, canda a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do SNL de Redondela e o Museo de Pontevedra, organizan unhas xornadas dedicadas ao egrexio intelectual redondelán Casto Sampedro.

Esta actividade organízase en dous días co propósito de coñecer diversos aspectos de Castro Sampedro pero tamén outros aspectos da actual investigación antropolóxica.

O venres 3 de maio, na Casa da Cultura de Redondela, teremos a primeira xornada:

  • 17:30 Presentación das xornadas a cargo de Rafael Quintía e de Xulia Feixoo
  • 18:00 Conferencia de Xavier Groba, “Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega”.
  • 18:45 Conferencia de Beatriz Busto, “Galicia conxelada. A necesidade da reflexión antropolóxica na actualidade”.
  • 19:30 Descanso
  • 19:45 Conferencia Rafael Rodríguez, “Entre sachadores e burócratas. Unha ollada á arqueoloxía galega actual”.
  • 20:30 Mesa redonda e coloquio final

O sábado 4 de maio as actividades continúan en Pontevedra, nas ruínas de San Domingos, co seguinte programa:

  • 10:30 Música a cargo d´Os Trubincos do Batán.
  • 10:45 Roteiro por Pontevedra, “Tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra”, a cargo de Telmo Crespo