Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela presenta as III Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero» coa participación de Rosa Arcos

Concello de Redondela
09-03-2023
0
O Concello de Redondela presenta as III Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero» coa participación de Rosa Arcos

O Concello de Redondela presenta as 'III Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero» coa participación de Rosa Arcos. O 10 de marzo as xornadas comezan cunha charla-coloquio chamada “Emprendemento no Rural” con Rosa Arcos, fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur. Na charla Interveñen ás redondelás Manuela Domínguez Rodríguez (Zona Verde Jardinería), Ana Míguez Dacosta (Héroes pola Ciencia), Cinthya Roldán Dosío (Mariñeira) e Celia Couñago (Ultramarinos A de Concha, O Viso). A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa das que serán as 'III Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa, aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta. Nesta terceira edición, as xornadas manteñen a distribución en dous días de programación, igual que o ano anterior, pero coa novidade de celebrarse tamén en Chapela. A rexidora explica que “tralo éxito das dúas edicións anteriores o obxectivo era  achegalo tamén a Chapela, un dos núcleos urbanos máis importantes do municipio coa súa propia rede e idiosincrasia”.

As III Xornadas Gemma Pereiro Otero. Muller e Igualdade abriranse o 10 de marzo nas oficinas de turismo do Concello (Isidoro Queimaliños,2. Redondela) onde, a partir das 19:00 horas, desenvolverase unha Charla-coloquio chamada “Emprendemento no Rural” con Rosa Arcos, fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur. Interveñen ás redondelás Manuela Domínguez Rodríguez (Zona Verde Jardinería), Ana Míguez Dacosta (Héroes pola Ciencia), Cinthya Roldán Dosío (Mariñeira) e Celia Couñago (Ultramarinos A de Concha, O Viso). Máis adiante, o 17 de Marzo continúa as III Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade co obradoiro “Con forza de Muller” no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela) ás 19:00h. As persoas interesadas poden inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, no enderezo de correo electrónico igualdade@redondela.gal ou no teléfono 986 40 80 43. A alcaldesa Digna Rivas quen chamou a atención “sobre o éxito de participación” da primeira  e segunda edición destas xornadas, salientou a importancia de darlle continuidade a unha iniciativa que sirve para poñer o foco de atención “sobre o papel da muller na sociedade e que este ano esta adicado o empoderamento feminino no mundo laboral e no rural” e a importancia que ten a igualdade “para acadar unha sociedade máis xusta”. Por outra banda ese mesmo día, no Multiusos da Xunqueiras ás 20h e con entrada de balde, comeza un novo ciclo de cinema galego. O Servizo de Normalización Lingüística retoma así unha proposta posta en marcha antes da pandemia coa proxección de filmes do Novo Cinema Galego e os posteriores coloquios. A primeira proxección será o filme-documental "10 de marzo", de Roi Cagiao, quen estará presente no acto. Esta película retrata o momento das folgas de 1972 que en Vigo tiveron unha masiva mobilización, e na cal participaron de maneira solidaria empresas e traballadores/as de Redondela. Esta folga está considerada como unha das mobilizacións a prol da democracia máis importantes na fase final da ditadura franquista. A represión, cadea e torturas deixaron unha dura lembranza en moitas familias.

 ROSA ARCOS

Rosa Arcos é feminista e activista; directora e coordinadora de proxectos relacionados coa igualdade, a loita contra a violencia de xénero, o emprendemento, o empoderamento, a formación e capacitación das mulleres no ámbito rural, ocupa un cargo de asesoramento especial no gabinete de presidencia da Deputación da Coruña. Vinculada a Unións Agrarias (UPA) desde 1986, organización na que desempeño cargos na área de mocidade, igualdade, desenvolvemento rural e medio ambiente, formou parte de comisión executiva nacional de UXT. É socia de honra e fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia Fademur - Galicia, da que foi a súa presidenta durante máis de 14 anos e en cuxa xunta directiva a nivel estatal permanece.