Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Xornada de voluntariado para a recollida de lixo na praia de Cabanas

Concello de Redondela
11-06-2018
0
Xornada de voluntariado para a recollida de lixo na praia de Cabanas

O sábado día 16 de xuño o Concello de Redondela, por medio do departamento de medioambiente, organiza unha xornada de voluntariado de recollida de lixo na praia de Cabanas en horario de 10:30 a 13:00 horas.

A actividade realizarase dentro da campaña "1 m2 por las Playas y los Mares 2018" do Proyecto Libera en colaboración con Ecoembes e Seobirdlife.

O obxectivo é contribuir a unha mellora da calidade do medioambiente por medio da análise e obtención de datos científicos e, así, coñecer o impacto ambiental que xeran os refugallos nas nosas praias.

A actividade está ideada para todos os públicos .

Aquelas persoas interesadas en participar poden anotarse directamente no concello, telefónicamente ao 986 400 300 / 698 142 025 ou por medio do correo electrónico: medioambiente@redondela.gal.

O número de prazas é limitado, todo o material será aportado polos organizadores do proxecto.