Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Medio Ambiente instala na Xunqueira un punto informativo sobre o saneamento das viviendas

Concello de Redondela
06-08-2021
0
Medio Ambiente instala na Xunqueira un punto informativo sobre o saneamento das viviendas

A iniciativa pretende evitar que certos residuos altamente contaminantes acaben na contorna natural. A Concellaría de Medio Ambiente de Redondela vén de instalar no aparcadoiro de A Xunqueira un punto informativo sobre o funcionamento do saneamento das vivendas e como utilizar correctamente os elementos domésticos desta rede para alongar a súa vida e evitar problemas medioambientais. Baixo o lema “Pequenos xestos que evitan grandes problemas” e de xeito moi didáctico, con paneis e unha recreación do sistema de sanemento dunha vivenda; o punto informativo explica á veciñanza que residuos non se deben tirar polo váter ou polo vertedoiro. Así, a campaña de Medio Ambiente pretende non só evitar problemas nas propias vivendas senón que certos residuos altamente contaminantes, como toalliñas, compresas ou cabichas, acaben nos ríos e na contorna natural provocando problemas medioambientas e sanitarios.