Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno local continuará este venres en San Esteban cos encontros coa veciñanza para dar a coñecer os proxectos nas parroquias

Concello de Redondela
28-10-2022
0
O Goberno local continuará este venres en San Esteban cos encontros coa veciñanza para dar a coñecer os proxectos nas parroquias

“A participación veciñal e as propostas da cidadanía sobre os proxectos que lles afectan, é fundamental para desenvolver unha labor de goberno eficaz e realista”, afirma a alcaldesa Digna Rivas. O Goberno local continuará, este venres 28 de outubro, o programa de reunións cos colectivos veciñais e a veciñanza en xeral das parroquias, nun encontro que terá lugar a partir das 20 horas, no Centro Cultural de Santo Estevo de Negros.

Con este novo encontro, o goberno socialista que preside Digna Rivas, reafirma o seu compromiso de manter reunións periódicas coa veciñanza das parroquias para dar a coñecer os proxectos que que desenvolven nas mesmas.

Digna Rivas valorou positivamente as reunións mantidas en Cesantes, Reboreda, Ventosela e Vilar nas que, tanto os colectivos veciñais como as veciñas e veciños, participaron activamente achegando propostas sobre actuacións que consideran necesarias para as súas parroquias ou facendo puntualizacións e matizacións sobre as xa realizadas.

A alcaldesa redondelá considera “imprescindibles” estas reunións “se de verdade se quere gobernar para todos e para todas sen ningún tipo de distinción” xa que, insiste, “non se pode facer unha labor de goberno efectiva se non se ten en conta a opinión das veciñas e veciños que viven nas parroquias e que, polo tanto, coñecen mellor que ninguén as súas necesidades ou as modificacións que se deben facer sobre obras e traballos que lles afectan directamente”.