Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Digna Rivas insta a Xunta de Galicia que cumpra ás súas promesas con Redondela, con obras como a Pista de Atletismo e a mellora da Avenida Mendiño.

Concello de Redondela
02-11-2021
0
Digna Rivas insta a Xunta de Galicia que cumpra ás súas promesas con Redondela, con obras como a Pista de Atletismo e a mellora da Avenida Mendiño.

Despois de máis de 5 meses do anuncio da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias confirmando o visto e prace da Xunta á proposta do Concello para a instalación dunha pista deportiva no IES San Simón, pendente unicamente da firma dun convenio co departamento autonómico para a realización das obras, O Concello de Redondela segue esperando a remisión do borrador de convenio que faga posible a licitación dunhas obras que segundo afirmaba a Delegada territorial no mes de maio, poderían estar feitas antes de final de ano.

A data de hoxe o Concello de Redondela xa cota co proxecto, que ascende a máis de 150.000 euros e que financiará na súa totalidade, pero que non pode ser licitado, xa que a falta de dispoñiblidade dos terreos e a carencia de un convenio de colaboración coa administración autonómica fan imposible continuar coa tramitación do procedemento.

A autorización para a realización das obras no IES San Simón era asinada polo delegado territorial o día 12 de marzo de 2021, despois da Solicitude por parte do Concello de Redondela mediante a remisión de unha proposta ao servizo da Unidade técnica da Consellería de Educación.

No mes de maio o Concello de Redondela contrataba a redacción do proxecto e remitia oficio a Concellería solcitado a redacción de un borrador de convenio para concretar os usos e condicións de dispoñibilidade dos terreos.

“Lamentamos que máis de 5 meses despois da reunión coa delegada territorial Marta Tapias, Redondela siga esperando o inicio das actuacións prometidas, que non afectan só a pista de atletismo, senón a outros centros do municipio, como a ampliación de 4 novas aulas no IES Pedro Floriani ou a reposición de fiestras no CEIP Outeiro de Penas, entre outras,”

A Alcaldesa afirma que non permitirá que a sinatura deste convenio se convirta en outro engano e falta de lealdade da Xunta de Galicia con Redondela, xa que recorda que a data de hoxe siguimos esperando a que a Xunta asine o convenio para realizar as obras de mellora da Avenida Mendiño, que o exalcalde Javier Bas anunciaba como inminentes en febreiro de 2019 e que case 3 anos despois segue sen concretarse.

Sabemos que o proxecto de mellora da Avenida Mendiño, xa conta co todas as autorización necesarias hai meses e o Concello xa comprometeu a dispoñibilidade orzamentaria por máis de 300.000 euros para a realización das obras hai moitos meses

“De non ter resposta nas vindeiras semanas tomaremos medidas, non descartamos mobilizar a cidadanía para manifestarse para reclamar os nosos dereitos frente a Xunta de Galicia.”Non vamos a permitir que nos sigan enganando.