Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

XXI Festival de Artistas de Rúa

Concellaría de Cultura
03-08-2020
0
XXI Festival de Artistas de Rúa

O vindeiro venres 7 de agosto terá lugar nas rúas e prazas da vila de Redondela o tradicional Festival de Artistas de Rúa, que cumpre este ano a súa vixésimoprimeira edición. Ante a situación excepcional provocada pola Covid-19, a Concellería de Cultura e o Concello de Redondela decidiron manter este xa tradicional evento por estas datas tomando as medidas oportunas, as espectadoras e espectadores non poderán estar sentadas/os no chan como en pasadas edicións e manterán unha distancia mínima de 4 metros co escenario, tal e coma se está a facer no resto da programación cultural deste verán. Todos os espéctaculos disporán de cadeiras para o público así como de dispensadores de xel hidroalcólico. Os espectadores e as espectadoras deberán ter a súa máscara de protección posta en todo momento.


Nesta ocasión contaremos cun pasarrúas de animación da compañía Troula que arrancará ás 20:00h na rúa Alfonso XII e percorrerá a rúa da Ribeira e o paseo da Xunqueira. Outros lugares que estarán animados polas compañías que nos visitan serán, a Praza da Constitución de 1812, Alameda Castelao, a zona dianteira da Casa da Torre e a Pista da Xunqueira, todos os espectáculos estaran orientados a público familiar, excepto a proxección das 22:45h da pista da Xunqueira que está pensada para persoas maior de 12 anos.