OBRADOIROS VIXENTES: |
OBRADOIRO DE GARANTÍA XUVENIL
Nome: REDONDELA TIC II
OBRADOIRO DUAL
|
Paseo do Pexegueiro nº 6, TELF: 986 402664 |
Que é?
É un programa mixto de formación e emprego, público e gratuíto, promovido polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia, dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, en actividades de utilidade pública ou interese social.
En qué consiste?
As persoas desempregadas participantes nun taller de emprego reciben unha formación suxeita a certificados de profesionalidade combinada coa experiencia laboral relizando unha obra de utilidade pública ou interese social.
Para quén?
Persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan unha idade igual ou superior aos 18
Cánto dura?
Entre seis e nove meses.
ONDE FACER A SOLICITUDE?
As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.