OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO DE REDONDELA

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

 

 

O Concello de Redondela pon a disposición da cidadanía a Oficina Municipal de Voluntariado de Redondela OMVR cumprindo ca normativa vixente.

  • Dirección: Avda. Redondela, 17 - CHAPELA - 36320 - Redondela (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 458 993
  • Correo electrónico: voluntariado@redondela.gal

ENTÉNDESE COMO VOLUNTARIO OU VOLUNTARIA TODA PERSOA QUE SERVE A UNHA COMUNIDADE OU MEDIO AMBIENTE POR DECISIÓN PROPIA OU LIBRE E DE MANEIRA DESINTERESADA

A través da OMVR toda aquela persoa interesada en ser voluntaria podErá participar en diversas actuacións como:

  • Voluntariado en eventos deportivos
  • Voluntariado pedagóxico: a persoa voluntaria implicarase nun proxecto da ensinanza.
  • Cibervoluntariado: a persoa voluntaria participa nun proxecto de ensinanza do uso da tecnoloxía.
  • Voluntariado social: é aquel no que se colabora nun proxecto no país onde se reside e nos campos como a discapacidade, a migración, a exclusión, etc.
  • Voluntariado ambiental: é aquel relacionado con proxectos en defensa e protección do medio ambiente e animais.
  • Voluntariado cultural e lúdico: é aquel no que se colabora na organización de actividades en salas de arte, museos, bibliotecas e outros espazos ou entidades relacionados ca cultura.

FORMULARIO VOLUNTARIADO