Festival Millo Verde
É un festival alternativo ao aire libre que se celebra anualmente no recinto do centro cultural de Chan das Pipas (Saxamonde) na primeira quincena do mes de xuño. O festival acolle grupos de todo tipo, dende rock e blues ata punk ou ska, pero sen olvidar moitos outros estilos como reggae ou o folk.
Ademais o festival conta con zona de acampada, actividades deportivas, jam sessions, postos de comida e de artesanía,"FoodTrucks"...
Para os máis festeiros, conta cun servizo de bus (MilloBus) que fai viaxes continuadas dende o festival ata o centro da vila durante as noites que dura o Millo Verde.
Festival SinSal
Este festival é un dos máis singulares de Europa. Ten lugar na Illa de San Simón, durante unha fin de semana de xullo, e se desenvolve durante o día. O público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada.
A viaxe a illa é punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai do Sinsal un novo modelo de festival é o cartel secreto. O público non coñece o nome dos artistas ata que entra na illa. Un cartel con referencias de todo o mundo, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a este festival, que somentes 800 persoas poden gozar cada día.
ArrastroRock
No Muíño das Xastras (O Cadaval de Reboreda, Redondela) sitúase outro festival ao aire libre en pleno desenvolvemento, que ten lugar normalmente o penúltimo fin de semana de xullo.
É un festival de Metal e variantes nas que se recolle dende Metalcore, Heavymetal, Thrashcore e un largo etc.
O ArrastroRock Festival tamén conta con zona de acampada, postos de comida e bebida ademais dos buses que van dende o seu recinto ata o centro da vila e viceversa no día do festival.